venres, 7 de novembro de 2014

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SEGUNDA EDICIÓN DA CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, organiza a II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.

A proba celebrarase o domingo 23 de Novembro, ás 11:00 horas en Vigo. Podes elixir entre dúas distancias diferentes de carreira. 

  • 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5400 m.
  • 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10800 m.