O 22 de xuño celébrase a terceira edición da Milla Solidaria. Co habitual carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá parar a Cruz Vermella Ourense. O Club Deportivo Aurum volve organizar unha proba que se desenvolverá na rúa do Paseo, no tramo comprendido entre cálea Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA, no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 metros, adaptándose a distancia para percorrer á categoría.
A partir das 18.00 horas dará comezo a xornada coa disputa das categorías sub-18 e sub-20. Despois celebraranse as carreiras de categorías inferiores ata as 19.00 horas, cando terá lugar a de pitufos (sobre unha distancia de 100 metros). A partir de aí comezarán as probas absolutas, sendo os máster os primeiros en competir e os sub-23 e sénior, os últimos. A inscrición
(www.carreirasgalegas.com) estarán aberta ata o 19 de xuño ás 20.30 horas, podendo doarse unha axuda para Cruz Vermella co dorsal 0.