sábado, 23 de decembro de 2017

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PRIMEIRO CARBALLO TRAIL RACE 2018 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O  Concello de Carballo incrementa a oferta deportiva para o próximo ano coa celebración do Carballo  Trail Race o domingo 4 de febreiro. Trátase dunha proba oficial da Federación  Galega de Atletismo que discorrerá por pistas e camiños non asfaltados ao longo de 30 quilómetros, no percorrido longo, e de 10, no curto. Os participantes poderán escoller entre unha e outra opción tendo, ademais, unha terceira posibilidade: competir en parellas. O punto de saída será ás 9.30 horas na praia de Razo e as metas estarán en  Vinculeiro ( Cances) para a ruta curta, e no Paseo  do  Anllóns para a longa e por parellas. Poden participar deportistas nados entre o 1978 e o 2001, ambos os incluídos.

Os interesados xa poden inscribirse a través da propia web do  Concello ou mediante a seguinte: www.carreirasgalegas.com. O prazo permanecerá aberto ata o 29 de xaneiro ou ata completar as 300 prazas dispoñibles, sendo a cota por participante de 5 euros.