O 13 de abril terá lugar a celebración da I Medio Maratón que transitará pola derradeira etapa do camiño de Santiago que ven desde Roncesvalles e que unirá as localidades de Arca e Santiago de Compostela.
Esta proba é a guinda que faltaba o extenso programa de carreiras que recentemente se presentou na programación 2014 do Departamento de Deportes do Concello de Santiago.
Coa colaboración do Concello de O Pino e de outras entidades colaboradoras, a carreira ofertará todo tipo de servicios ó participante, desde a bolsa de corredor ata servicios de fisioterapia e autobuses o día da proba que trasladarán aos atletas ata o punto de saída.
Tamén contará con importantes premios en metálico para atletas individuais e clubes e trofeos desde a categoría junior ata as 7 categorías de veteranos reflexadas no regulamento técnico.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de abril ás 22:00 horas.