Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na Carreira Popular 10K de Carballo, prevista para o próximo día 18 de xuño.
O prazo para anotarse estará aberto ata o día 15 de xuño na plataforma on line. Nesta edición haberá 1.250 prazas para as categorías de sénior e veteranos, e 750 para o resto de categorías.
Entre as novidades está a categoría adaptada que forma parte da absoluta, que son os nados ata o ano 1999, que pode ser pola modalidade de cadeira de rodas ou de handbike. Terá que realizar o mesmo percorrido que os demais e que serán 10.000 metros. Nesta competición a saída efectuarase ás 10.55 horas.
Os dorsais e os chips poden recollerse no edificio do mercado municipal ou ben o día 17 de xuño, entre as 10.30 e as 14.00 e as 16.00 e as 20.00 horas. Ou tamén o día da carreira, desde as 8.45 horas ata 30 minutos antes da saída.
A proba carballesa forma parte do circuíto Deputación Provincial da Coruña e contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, ademais do Concello de Carballo.O circuíto da competición absoluta dos 10 quilómetros é totalmente urbano e está homologado. Os vencedores da pasada edición son a ferrolá Paula Mayobre e o marroquí Abdelaziz Fathi.
Fonte: www.lavozdegalicia.es