É unha das competicións que aos poucos se fixeron un oco no calendario galego de populares polos seus especiais características. A Carreira Nocturna de Vilagarcía alcanzará este ano a súa 14.ª edición. Farao este sábado con saída como é habitual na avenida da Mariña a partir das 22.30. O período de inscrición xa está aberto e quen queira anotarse pode facelo na
web. Isto para os participantes na categoría sénior, posto que para as demais poderá facelo ata unha hora antes de que comece a competición.
A competición terá distinta quilometraxe en función da categoría en disputa. Os participantes na competición absoluta deberán percorrer dez mil metros, nun circuíto que terá o seu punto de saída e de chegada na avenida da Mariña. A inscrición para a categoría absoluta terá un prezo de cinco euros, polo aluguer dos chips, e para as demais será gratuíta. Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.
Victoria de Raquel MeañosDoutra banda, Raquel Meaños volveu dar mostra do extraordinario momento de forma que atravesa no campionato galego absoluto que se celebrou o pasado sábado nas pistas de Pontevedra. A deportista do Atlética Mazí fíxose coa vitoria na proba de 800 metros lisos, cun rexistro de 2 min 13 segundos e 87 centésimas.