luns, 20 de xullo de 2015

ADRIÁN BEN BRILLA NA GALAXIA DO ATLETISMO MUNDIAL (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Adrián Ben xa é un máis no Olimpo do atletismo xuvenil. O seu nome aparece xunto ao das futuras estrelas mundiais do medio fondo despois do resultado e o carrerón que se marcou onte á noite na final dos 2.000 metros obstáculos do Mundial de Cali (Colombia). 

O corredor viveirense se desmelenó sobre o tartán do estadio Pascual Guerrero . Fixo trizas a súa marca galega  e foi o mellor na carreira paralela que librou detrás do grupo de africanos que, como cabía esperar, dominaron desde os primeiros metros e coparon as primeiras posicións. «Os kenyanos e os etíopes son imbatibles», adiantaba o novo atleta de Viveiro en La Voz o día antes de medirse cos mellores do planeta. O corredor do Lucus Caixa Rural foi sexto. 
Parou o crono en 5 minutos 45 segundos e 59 décimas, rebaixando en case 4 segundos a súa anterior plusmarca, e cruzou a meta por diante de moito dos aspirantes que comparecían no campionato con mellor tempo que perla do Lucus Caixa Rural, o francés Louis Gilavert (5:46.00), o brasileiro Daniel Do Nascimento (5:46.05) ou o sueco Leo Magnusson (5:49.26).

O triunfo foi para a gacela kenyana Vincent Kipyegon Ruto, que estableceu un extraordinario rexistro de 5:27.58. Por detrás del chegaron o etíope Wogene Sebisibe (5:29.41) e o seu compatriota Geofrey Rotich (5:30.16). No cuarto posto clasificouse Tegenu Mengistu, de Etiopía (5:38.99) e o quinto foi o ugandés Boniface Abel Sokowo (5:40.05).