Membros da directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño fixeron entrega a Cáritas de A Laracha dun cheque solidario por valor de 600 euros procedentes do evento deportivo e solidario que organizaron o pasado 22 de xullo en Vilaño e que congregou a máis de 700 persoas na súa segunda edición. Orfi Méndez, xunto co párroco Manuel Boullón (ambos representates da organización benéfica) recolleron o cheque o pasado domingo 17 de setembro no Centro Sociocultural de Vilaño.
Esta recaudación foi posible gracias ao éxito de participación na Andaina Saudable e Solidaria que contou con 270 persoas entre adultos e nenos, dos cales a metade da recaudación das inscripcións xunto con donativos anóninos fixeron realidade este cheque.
Orfi agradeceu aos organizadores a colaboración, que ten por obxecto axudar as persoas que menos recursos teñen. Por outra banda, os integrantes de Adro de Vilaño móstranse satisfeitos de poder colaborar con esta causa gracias a toda a xente que partipou no evento deportivo e adiantan que seguirán nesta liña solidaria para o ano vindeiro.