Sorriu a noite a todos os corredores que acudiron o sábado a Noia. A celebración da decimonovena edición da carreira pedestre nocturna foi a causa de que as pétreas rúas do centro noiés convertésense nun constante trajín de deportistas desexosos de saborear os meles da gloria. Foron Fernando Alarza e Paula Mayobre os dous grandes nomes propios da velada. Ambos se impuxeron, na categoría absoluta, a todos os rivais que se puxeron no seu camiño.
Na categoría masculina pecharon o podio Alejandro Fernández e Cesar Saracho, mentres que na proba feminina foron Sandra Mosquera e Solange Pereira as que obtiveron prata e bronce, respectivamente.
A proba, que arrincou ás 21.00 horas, tamén contou con once categorías engadidas, co obxectivo de que todos os amantes desta disciplina tivesen o seu oco. En promesa foron Ismael Fernández e Paula Villapol quen alzaron os trofeos de campións. Jorge Blanco e Sara Silva foron os gañadores en júnior, mentres que Adrián Vázquez e Lucía Suárez impuxéronse na proba xuvenil. Na clasificación por equipos Sar Vermú Petronic conseguiu o primeiro posto, seguido da asociación deportiva Porto do Son e San Paio. Os sonenses realizaron unha gran proba en todas as categorías, polo que se colocaron como principal bastión da zona de Barbanza.