luns, 28 de setembro de 2015

ALEJANDRO FERNÁNDEZ E SANDRA MOSQUERA IMPUXÉRONSE EN RIBEIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

As rúas de Ribeira foron escenario dunha nova edición da Carreira Popular de Santa Uxía, que ademais está incluída no circuíto da Deputación da Coruña. Nesta ocasión, os vencedores foron o ourensán Alejandro Fernández Rivera, en categoría masculina, e Sandra Mosquera Losada, de Vigo, en feminina.

A proba discorreu polo centro da cidade e os atletas tiveron que cubrir un circuíto de dez quilómetros. O gañador fixo unha marca de 30:26. Na categoría sénior tomaron a saída ao redor de 400 persoas aínda que foron uns 800 deportistas os que participaron nas diferentes categorías.

A xornada deportiva estivo acompañada polo bo tempo o que fixo posible que fosen centenares de afeccionados os que saísen á rúa para animar aos corredores. Os organizadores destacaron tanto a gran afluencia de público como de participantes nesta ocasión.

Por outra banda, cabe destacar que o ribeirense Javier Regueiro fíxose co primeiro posto na categoría promesa masculina. A sonense María Santos Cambón entrou primeira na categoría feminina de veteranos.

Para rematar, indicar que os responsables da proba repartiron 1.080 euros en premios en metálico. Tamén froita e roscón entre os participantes.