A décimo terceira edición da Carreira Pedestre do Pino completou un podio de luxo no cadro masculino. Impúxose o ourensán Alejandro Fernández, cun tempo de 24.45. A nove segundos entrou o arzuán Lolo Penas e a vinte o marroquí afincado en Ourense Hassan Lekhili.
No cadro feminino a gañadora foi Ester Navarrete (28.37). O segundo posto foi para Rocío Alvite e o terceiro para Raquel Suárez.
Este fin de semana tamén se disputou a Carreira Pedestre de Oroso. O gañador foi Amador Penas, por diante de Sergio Requeijo e Xosé Manuel Penas. En mulleres, os tres primeiros postos foron para Elena Matalobos, Silvia García e María José Grobas.