A Interrunning, que está a disputar a súa XII edición no Porriño, non ten secretos para Alejandro Fernández, que acaba de conquistar unha nova edición da carreira ao parar o crono en 30:39, tras un intenso pulso durante toda a carreira co corredor do San Miguel de Marín Pablo Miguel García, que foi segundo ao cruzar a meta só oito segundos máis tarde que o ourensán. O triatleta Pablo Dapena completou o podio (31:18).
Tras o pistoletazo de saída, Alejandro Fernández, que xa gañara en catro edicións anteriores da Interrunning, púxose na cabeza, nun grupo formado tamén por Iván Roade, que chegaba tras a súa recente vitoria no Medio Maratón de Salamanca. Fernández impuxo un ritmo moi forte desde o inicio e antes do primeiro paso por meta, Roade xa cedera terreo, deixando a pugna polo triunfo entre dous: o ourensán e Pablo García. Ao paso co Concello do Porriño García cambiou o ritmo para adiantar a un Fernández que ata este momento chegara o peso da carreira. Pero duroulle pouco a esperanza ao pontevedrés, xa que a poucos metros da meta lanzou un último ataque que resultou definitivo para poder cruzar a meta, unha vez máis, en primeira posición.
Roade, finalmente, entraría en cuarta posición da Interrunning máis multitudinaria e que puido seguirse en directo a través da
ligazón