Alejo Ares e Leticia Fernández, ambos defendendo as cores do ADAS Proinor do Barco, foron os gañadores da edición número 16 da Carreira Pedrestre do Nadal de San Cibrao das Viñas, que ademais poñía en xogo o título provincial de 10 quilómetros en ruta.
O frío e a néboa foron coprotagonistas na mañá de domingo nunha cita que tivo 600 inscritos.
Na categoría masculina absoluta, vitoria e título provincial para Afasto Ares. Tras ser segundo na San Martiño, o corredor do ADAS non deu a máis mínima op, cruzando a liña de chegada con máis dun minuto de vantaxe (31:20) sobre o segundo clasificado, Rubén Diz (32:34), do Ourense Atletismo. Terceiro foi Carlos Villamor, tamén do ADAS.
Na competición feminina, Leticia Fernández fíxose co triunfo (36:49) por diante da súa compañeira de equipo Joana Monteiro.
Terceira clasificada foi Sonia Teijeiro, con 39:06, que á súa vez se fixo co título provincial.