Alejandro Fernández Rivera revalidou o seu título de gañador da carreira popular San Martiño de Ourense. Nun espectacular último quilómetro, o ourensán superou ao portugués Nuno Costa que ía dominando a carreira. Cun tempo de 30.30 o corredor local impúxose na liña de meta de Vos Remedios, na 42 edición da proba,que se celebrou nunha mañá asollada e con agradable temperatura en Ourense. A carreira foi dura, segundo dicía o gañador, que se atopa nun gran momento de forma e está a preparar o maratón de Valencia. Cun tempo de 30.34 foi segundo Nuno Costa, que apertou a partir do quilómetro catro para gañar en métaa volante. “Non lle daba recuperado, pero sabía que se o mantiña a uns dez segundos e conseguía facer un quilómetro a 2.50 podería superalo. Ese último quilómetro forte permitiume collelo ao final”, dicía Alex Fernández na meta.
Satisfeito co seu terceiro posto estaba tamén o lucense Manuel Furtado (30.59), que está a destacar nas probas deste momento.
A carreira feminina estivo comandada por Marta Casanova e Solange Pereira. No último tramo está fixo valer a súa experiencia e levou o triunfo feminino, con 30.45. Casanova foi Segunda, con 30.04 e Ester Navarrete, terceira, con 35.15.
Non houbo sorpresas nos podios, cos tres primeiros postos que conseguiron os atletas que contaban máis fortes entre os inscritos.
Houbo un gran ambiente festivo ao redor da carreira, que continúa coas probas de nenos e inclusiva.