Os deportistas madrugaron. Desde primeira hora runners e ciclistas tomaron a vía pública. Había moitas ganas de correr ao aire libre, sós ou en parella ocuparon zonas como Castelao, As Avenidas e outras como Samil e o paseo do Lagares que abriron hoxe o acceso ao público.
Case de forma instantánea, ao chegar as dez as persoas maiores tomaron a substitución. Con ansias de camiñar, tamén sós ou en parella, moitos saíron por primeira vez despois de mes e medio en casa.
Ao mediodía chega a quenda dos nenos que xa levan unha semana gozando dunha hora ao aire libre. A estrea das franxas horarias acometeuse con éxito e cos vigueses concienciados.
Pola tarde - noite repítense as saídas graduadas por idades.