Ao redor de medio milleiro de atletas divididos nas distintas categorías tomaron parte nunha nova edición da Carreira Popular de Pontecesures. A proba tiña un percorrido de nove quilómetros de lonxitude para os deportistas das categorías absolutas, percorrido que se ía reducindo segundo a idade dos participantes minguaba.
Na categorías masculina foi Amador Pena quen levou o triunfo, pero con soamente dous segundos de marxe sobre o seu compañeiro de club Martín Regueira, e con Arturo Ramos algo máis distanciado xa na terceira posición a once segundos. Tivo máis marxe para celebrar o seu triunfo Tina Fernández na proba feminina, na que se impuxo con máis dun minuto de marxe sobre a segunda clasificada, que foi Rocío Alvite.
Clasificacións:
Categoría absoluta masculina: 1.º Amador Pena, 31.38; 2.º Martín Regueira, 31.40; 3.º Arturo Ramos, 31.49. Categoría absoluta feminina: 1.ª Tina Fernández, 35.51; 2.ª Rocío Alvite, 37.12; 3.ª Ángeles Igrexas, 40.13.
Categoría sub-14 e sub-16 masculina: 1.º Lucas García, 5.41; 2.º Borja Castiñeiras, 5.50; 3.º Joel Curro, 5.52; Categoría sub-14 e sub-16 feminina: 1.ª Valeria Guridi, 6.01; 2.ª Ainoa Gontán, 6.10; 3.ª Martina González, 6.26.
Categoría sub-12 masculina: 1.º Alejandro Couselo, 2.49; 2.º Iván Casas, 2.54; 3.º Diego Barreira, 2.56; Categoría sub-12 feminina: 1.ª Debris Paniagua, 2.59; 2.ª Demeku Paniagua, 2.59; 3.ª Sara Liñares.
Categoría sub-10 masculina: 1.º Breogán López, 3.06; 2.º Pablo Sánchez, 3.13; 3.º Leo Mollinedo, 3.23; Categoría sub-10 feminina: 1.ª Sabela Raposo, 3.03; 2.ª Lucía Taboada, 3.29; 3.ª Iria Lapido, 3.32.
Fonte: www.lavozdegalicia.es