mércores, 1 de febreiro de 2017

AMES ABRIRÁ UNHA NOVA EDICIÓN DO TRAIL GALAICA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ames dará o pistoletazo de saída ao circuíto Trail Galaica 2017 o próximo 26 de febreiro e xa está aberto o prazo de inscrición. O trámite pódese realizar a través da páxina www.trailgalaica.com. E o último día para apuntarse será o mércores 22 ás 23.59 horas.

Este ano cambia o trazado e os deportistas terán a oportunidade de escoller entre dúas propostas: o trail curto, de quince quilómetros, ou o longo, de 25. En ambos a saída está prevista para as 10.30 da mañá desde Ponche Maceira e a chegada situarase nas instalacións do Aero Club de Santiago. No primeiro caso, o índice de dificultade é baixo e no segundo, medio.

Haberá un servizo de autobuses para trasladar aos participantes desde as instalacións do Aero Club ata o punto de saída, a partir das 9.30.Habra tamén tres puntos de avituallamiento, situados nos quilómetros oito e dezaseis, e na liña de meta.

O custo de inscrición en cada proba é de 15 euros para o trazado longo e 10 para o curto. A organización ofrece a quen teñan pensado cubrir todas a probas do circuíto ou a maioría delas a opción de pagar 70 euros polas sete carreiras.


Fonte: www.lavozdegalicia.es