mércores, 6 de maio de 2015

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PRIMEIRO MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

Amplíase ata o xoves 7 de maio (22:00h) o prazo de inscrición para o primeiro meeting popular en pista Celta atletismo. Cada vez son máis os patrocinadores que se unen a este grande evento. Non deixes a oportunidade de probarte na pista.

AGASALLOS:
  • O Ximnasio Saúde & Deporte: aportará 8 camisetas técnicas de running.
  • Máis que auga (áreas deportivas municipais) aportará:
2 unidades de 1 mes curso de piscina para nenos.
2 unidades de 1 mes curso de taekwndo para nenos.
2 unidades de 1 mes curso de padel para nenos.
2 unidades de un 20% de desconto para campamento multiaventura de verán.

  • O Gastropub El Castro: ofrecerá 2 cenas valoradas en 30€.
  • A asociación cultural Traspés: aportará 3 mochilas con DVD y camiseta.
  • Frutas Nieves e Grupo Pasquier colaborarán no avituallamento da proba.
Sumándose así a: 

  • A Fundación Celta de Vigo aportará 1 camiseta oficial do R.C.Celta firmada por todos os xogadores do primeiro plantel e 20 invitacións para o partido R.C.Celta – R.C.D.Español.
  • Bikila aportará 20 pares de calcetíns para os nenos, 1 equipación de competición Bikila e un par de zapatillas de clavos marca Brooks.
  • Deportes González aportará 300 pares de calcetines Zico con el logo del R.C.Celta Atletismo.
  • Ciclos Boyer aportará 1 par de zapatillas Asiscs de Running, 1 equipación deportiva y 1 gorra.
  • O centro de fisioterapia Lence & Martínez aportará 8 bonos para unha sesión de fisioterapia.

¿ALGUNHA VEZ PLANTEXACHESTE CORRER UNHA PROBA EN PISTA PERO NON ESTÁS FEDERADO?
Si este é o teu caso ou se estás federado, non esperes máis e  inscíbete no “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” Que non es tan ambicioso pero apeteceche vivir a experiencia de disfrutar dunha carreria sobre o tartán? Que tes nenos e non tes quén se ocupe deles? Vente con eles! Tamén temos probas para os máis cativos.

  • Os atletas de categoría juvenil a veterano poderanse inscribir nas dúas carreiras (1000 m. e 3000m).
  • Haberá unha cámara de chamadas pola que terán que pasar todos os atletas 20 minutos antes de cada carreira.
  • Haberá “LEBRES” de gran nivel e experiencia que marcarán o ritmo de carreira segundo o nivel de cada serie.
  • O salto de lonxitude, salto de altura e lanzamento de peso, para as categorías menores, organizarase de forma conxunta nunha actividade lúdica non competitiva.
A partir das 17:00 horas e na mesma instalación, celébrase o Campionato de España de Clubs de División de Honra. A A.D. Marathón (Madrid), Real Sociedade (Pais Vasco), Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta de Atletismo enfrontaranse na primeira xornada da competición. Dende a Organización animamos a todos os atletas que participen no “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” a asistir coma siareiros e poder vivir así unha xornada de atletismo en pista ao máximo nivel.