Camiño de record de participación avanzan as inscricións para a terceira edición da Carreira popular do Apóstolo. A Organización móstrase máis que satisfeita coa boa aceptación que reflexan os números, posto que a falta dunhas horas para o peche de inscricións, os inscritos acércanse á cifra dos 750 participantes da edición anterior.
Como mostra do gran aumento de inscricións nas últimas horas, a Organización decidiu ampliar o plazo de inscricións ata mañá xoves día 19 de xullo as 18:00 horas, pero só a través da plataforma online
www.carreirasgalegas.com. Os puntos de inscripción presenciais quedan pechados hoxe mércores.
A terceira edición quenta xa motores e todo indica que volverá a ser unha gran festa do deporte, con moitos atletas de recoñecido prestixio e con unha andaina que se celebra de forma paralela que vai camiño de superar as 350 persoas.