venres, 14 de xullo de 2017

AMPLIO DISPOSITIVO PARA A CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO NA LARACHA

Un total de 5 policías locais, 25 voluntarios de protección civil, e 50 persoas da organización poñeran a orde no evento.

A Laracha e concreamente a parroquia de Vilaño prepárase para celebrar por todo o alto o evento máis multitudinario do concello, que o ano pasado contou con preto de 500 participantes, e que este ano xa conta con 300 inscritos a falta dunha semana para o peche de inscripcións.

A segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo implicará cortes ao tráfico nas principais vías que conectan Vilaño co casco urbán, que estarán controladas por un total de 5 policías locais e 25 voluntarios de protección civil que se encargarán de regular a circulación ao largo dos dez quilómetros dos que consta o percorrido da proba e que terá lugar o próximo sábado 22.

A isto hai que engadir o duro traballo da propia organización do evento, levada a cabo pola Asociación Adro de Vilaño, que contará con 50 persoas que asistirán aos participantes para que non lles falte ningún detalle. Cabe destacar que presentarán unha zona habilitada para gardería, con monitores especializados para o coidado dos máis pequenos. Tamén haberá pinchos ao remate do evento e mesmo unha piscina con xeo para relaxación muscular dos corredores máis esixentes.

Os clubes ciclistas da localidade aportarán tamén persoal que dará apoio para a apertura e peche da proba, ao igual que na primeira edición.

As inscripcións permanecerán abertas ata o próximo mércores 19 de xullo de forma online na web www.carreirasgalegas.com e de forma presencial tanto no Concello de A Laracha como na Piscina Municipal.