O ano deportivo na capital galega pechouse na praza do Obradoiro coa celebración da quinta edición da San Silvestre. Dous mil afeccionados e atletas déronse cita nunha tarde fría, pero sen choiva, con gran ambiente nas rúas e con moitísimo público animando aos deportistas.
Na categoría masculina, o vencedor foi Andrés Cendán, que investiu 17 minutos e 49 segundos nos 5,5 quilómetros do percorrido. Superou por unha escasa marxe de tempo ao seu compañeiro do Atletismo Santiago, Diego Barreiro. Terceiro foi o vigués Luis Do Río.
Na clasificación feminina, a gandeira foi Raquel Suárez Pedrosa, cun tempo de 20 minutos e 29 segundos. Segunda foi a súa nai, Esther Pedrosa. A terceira praza foi para Inés Castaño.
CLASIFICACIÓNSCATEGORÍA MASCULINA
- 1. Andrés Cendán, 17 minutos e 49 segundos
- 2. Diego Barreiro, 18.01
- 3. Luis Do Río, 18.11
CATEGORÍA MASCULINA
- 1. Raquel Suárez Pedrosa, 20 minutos e 29 segundos
- 2. Esther Pedrosa, 20.45
- 3. Inés Castaño, 21.00
Fonte: www.lavozdegalicia.es