O vindeiro dia 1 de xullo Curtis será esciario da disputa correspondente ó VIII Campionato de Galicia Absoluto de 5km. no que tamén o será para as categorias Xuvenil, Junior, Promesa e veterano.
Esta edición, que non contará ca participación nin de Rocío Alvite nin de Nicolás Arrojo gañadores na tempada pasada sobre este mesmo esciario, contará ca presenza destacada das atletas Paula Mayore e de Soledad Castro.
A cita terá lugar as 19.00 horas sobre un circuito homologado pola RFEA de 2,5 km. tendo prevista a saida a carón da Polideportiva de Curtis.
De maneira parelela desenvolverase previamente a partir das 18.00 horas varias probas correspondentes a IV Carreira Popular Curtis-10 km, integrada dentro do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e cuia inscripción estará aberta ata hoxe mércores ata as 23.59 horas.