A Nocturna Estradense volveu converterse onte en punto de peregrinación para os atletas da zona. A espectacular proba organizada polo Concello da Estrada abriu este ano o circuíto de carreiras populares Corre A Estrada corre e fíxoo reunindo a medio milleiro de atletas. O percorrido deu comezo na rúa Calvo Sotelo, para discorrer por algunhas das rúas do centro urbano estradense.
Ao peche desta edición daba comezo a carreira para os maiores, cun percorrido de oito quilómetros e outro de catro á súa disposición. Antes con todo foi a quenda dos máis pequenos. As competicións das categorías inferiores arrincaron ás 21.00 horas cos pitufos, nenos nados no ano 2014 e posteriores. Percorreron 80 metros ata a meta. Seguíronlles os prebenjamines, benjamines, alevíns e infantís, con carreiras repartidas ao longo dunha hora. A entrega de premios para as categorías inferiores celebrouse antes da carreira de maiores. En total estas carreiras terminaron reunindo a máis de 500 deportistas, que axudaron a redondear unha gran xornada de atletismo na Estrada.
Nas categorías máis pequenas, pitufos e prebenjamines, non houbo gañadores, entregándose medallas a todos os participantes. Ademais, os atletas recibiron unha camiseta conmemorativa ata esgotar existencias.
Os resultados da carreira sénior daranse a coñecer hoxe nunha xornada que se estendeu ata ben entrada a noite.