Debido ás inclemencias meteorolóxicas avanzadas pola axencia estatal de meteoroloxía, a organización da carreira vese obrigada a aprazar a proba que tería lugar o vindeiro domingo, co fin de garantir a seguridade de todos os participantes.
En breve poñerémonos en contacto cos corredores e corredoras para comunicarlles despois das reunións pertinentes, cal será a nova data para a carreira.
Un cordial saúdo e desculpen as posibles molestias ocasionadas.