luns, 29 de decembro de 2014

AVISOS CARREIRA SAN SILVESTRE DE SANTIAGO

O vindeiro mércores celebrarase a II Carreira San Silvestre de Santiago. Nesta proba tomarán parte centos de atletas de Santiago e periferias. O novo circuito indicado na fotografía adxunta elevará ata os 4 km o percorrido da proba.

Nesta carreira non se empregarán os dorsais da CorreSan. Para esta proba utilizaranse uns dorsáis novos e unha numeración diferente específicos da san Silvestre.

Atención aos seguintes avisos:
  • O circuito da carrera San Silvestre sufrirá unha variación, xa que percorrerase en ida e volta a Avenida Xoan Carlos I unha vez se saia do Parque municipal da Alameda.
  • A entrega de dorsais realizarase ininterrumpidamente desde as 11 horas hasta las 17 horas na Praza do Obradoiro. Recoméndase a recollida previa e evitar as horas de tarde.
  • As rúas Xoaan Carlos I, Senra, Praza de Galicia, Fonte de San Antonio, Virxe da Cerca e Porta do Camiño permanecerán pechadas ao tráfico desde as 18 horas ata as 18.30 horas aproximadamente. Pregase se tomen vías alternativas.
  • Habilitaranse as duchas do polideportivo Lorenzo de La Torre entre as 17 e as 20.30 horas.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
CORRER E SAÚDE. RESPETEN AO COMPAÑEIRO. A SEGURIDADE E O PRIMEIRO.