A falta de pouco máis dun mes para a cita, xa son case 500 os atletas que confirmaron a súa participación na XVII Media Maratón de Vigo, que se celebrará o próximo 11 de Maio en pleno centro da cidade olívica. Un atractivo circuíto urbano a dúas voltas con saída e chegada na Porta do Sol.
Ao igual que na edición do 2013, paralelamente á carreira celebrarase a Media Maratón por relevos, na que por equipos formados por 2 ou 4 atletas, realizarán a distancia de Media Maratón.
Como novidade, este ano a organización introduce unha camiñada de 5 km, unha experiencia nova enfocada a aquelas persoas que non sendo corredores queiran participar da xornada de atletismo popular na cidade de Vigo.
Máis información na web www.mediamaratondevigo.com