Poñemos en coñecemento a información publicada no BOE núm. 130, do 9 de maio de 2020, para a " flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade". As medidas explicadas a continuación só entrarán en vigor naquelas unidades territoriais que pasan á fase 1, e comezarán a aplicarse a partir das 00:00 do 11 de maio de 2020.
Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Ligazón (Aquí)