venres, 5 de setembro de 2014

ÁBRENSE AS INSCRICIÓNS PARA A VIII CARREIRA POPULAR CORUÑA10

Ábrense as inscricións para a VIII Carreira Popular Coruña10 que se celebrará o vindeiro domingo 5 de outubro. O circuíto non vai ser o mesmo destes últimos anos. 

As actuais obras da Mariña impiden pechar os Cantóns instalando alí a infraestrutura de saída/meta. Veremos se a alternativa de traxecto que se formule é unha situación puntual para este ano ou a satisfacción dos corredores a fai perdurar no tempo. Actualmente están en estudo dous opcións, á espera de informes da Área de Seguridade e Mobilidade do Concello, ademais de Deportes. 
Calquera delas cumpre os requisitos que sempre caracterizaron Coruña10, como carreira chaira e rápida, polo que a satisfacción dos participantes está garantida. 

Próximamente publicaremos o trazado definitivo. 

Inscrición na carreira aquí.