domingo, 13 de marzo de 2016

CAMARIÑAS ABRE O TERCEIRO CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Camariñas abre hoxe o circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte, que constará de dez probas. Máis de 600 atletas están inscritos para participar esta mañá nas diferentes categorías que se desenvolverán en xornada matinal baixo a organización do Concello. Esta quinta edición da proba camariñá ten como particularidade que a convocatoria absoluta, de 10 quilómetros, terá a saída no faro Vilán, en conmemoración do seu 120 aniversario.

Das 679 participantes, a maior parte figuran na proba de 10 quilómetros, que pechará a competición e á que están apuntados 340 corredores. Producíronse neste caso as baixas significativas dos dous vencedores da pasada edición -Cristian Muíño e Vanessa Lafuente-, polo que os favoritos cambian radicalmente. Na categoría masculina, o laxense Martín Regueiro parte como candidato. Os seus rivais directos son Míchel Antelo (Vimianzo) e Javier Seoane (Carballo). Tamén estarán César Vázquez (Zas), Iván Redondo, David Calzas (Vimianzo) e Xosé Antonio Barreiro (Santiago), entre outros.

Na competición feminina figura como gran candidata ao título Rocío Alvite (Mazaricos), pero tamén están Tina Marie Fernández (Muros), Teresa Castro (Vimianzo), principalmente.

Sara Vieites
Tampouco faltará entre os deportistas a ceense Sara Vieites Ferreiro, a princesa da Costa, que este ano é a madriña do circuíto, e o carballés Luís Miguel Bardanca, que competirá en cadeira de rodas e será o único discapacitado en 10 quilómetros. O nena deportista pretende facer o maior número de probas do circuíto, ao exporse este ano varios retos deportivos.

A próxima cita do circuíto será o 24 de abril co gallo da cuarta edición da Carreira Popular Concello de Vimianzo.