Aínda que con algunhas ausencias importantes como os vencedores absolutos da tempada pasada, o vindeiro domingo celebrarase o Campeonato de Galicia de Milla e 1000 en ruta na localidade de Sada. O Campionato organizado pola FGA e o club Atletismo Sada disputarase nun circuito recentemente homologado que percorre grande parte do Paseo Martítimo da localidade.
A saída e metea estarán situadas na zona da casa da Cultura "Pintor Llorens". Alén das probas para as diferentes categorías federadas disputarase tamén unha milla popular femenina e masculina e probas para os pre-benxamins.
Os dorsales poden recollerese durante o sábado no Decatlón de Oleiros así como ate unha hora antes da proba o mesmo domingo.
Lista de
INSCRITOS no Campionato de Galicia. O resto de participantes populares
AQUÍ
Recordar que na cerimonia de entrega de trofeos se procederá a sortear entre os participantes 3 bicicletas doadas por DISNAV entre as categorías Prebenxamín e Cadete . Distribucións Do Nadal. patrocinador do CAS Para iso hai que depositar o dorsal na caixa do sorteo situada na entrada do salón de actos.
*Lembramos a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas
MG