luns, 21 de xullo de 2014

CARLOS VILLAMOR Y Mª CARMEN PENAS VENCEDORES NA II CARREIRA POPULAR DE CASTROVERDE

Carlos Villamor do Dare2Bclub Corredores Pedro Nimo e Mª Carmen Penas do Comesaña vencedores da II Carreira Popular Concello de Castroverde celebrada o pasado sábado. A proba que contou con un importante número de participantes nas diferentes carreiras realizadas transcurriu por un circuito na sua maioria chan pola vila de Castroverde e unha pequena parte pola parroquia de Covelas. 

Completaron o podium absoluto Juan Pena e Juan Antonio Guda nos homes e a Esther Pedrosa e María Pilar Arias nas mulleres.