Promover a integración cívica dos cans na sociedade, axudar ás protectoras de animais, concienciar sobre a prioridade da adopción e insistir na necesidade de implantar microchip son os grandes obxectivos que se marca esta segunda edición do Correcan, que se celebra esta mañá ao longo do paseo marítimo, entre as praias de Riazor e Orzán.
O xoves pechábase o prazo para inscribirse nesta proba na que os participantes competirán xunto aos seus canes. Ao mediodía xa se cubriron os 500 dorsais, o que garante un gran ambiente para hoxe. A recadación das inscricións será repartida entre distintas protectoras de mascotas.
O acontecemento contará con dúas probas, ambas non competitivas. Por unha banda, celebrarase unha andaina entre a chaira do Palacio dos Deportes de Riazor e a praia do Matadoiro, duns 3.000 metros. A gran competición será unha carreira de aproximadamente 5 quilómetros, que irá ata a contorna do Acuario para volver ás Escravas. Na proba haberá avituallamiento e unha zona con duchas. Tamén se repartirán diferentes premios e haberá sorteos de agasallos.
Pese ao carácter popular, festivo e non competitivo deste acontecemento, o seu matiz deportivo convérteo nunha das carreiras oficiais da Federación Galega de Atletismo.