sábado, 28 de decembro de 2013

CARREIRA PEDESTRE DO ANLLÓNS. TROFEO DE NADAL

O pasado dia 28 de Decembro  o club de atletismo de nova creacción Os Muditos de Carballo organizou a primeira edición da  Carreira Pedestre de Anllóns, Trofeo do Nadal que se desenvolveu nun marco incomparable de natureza para a practica das actividades físico- saudables. 

Contou con una alta inscripción e  os participantes se repartiron  en nove categorías dende pitufos ata veterans . 

A proba absoluta transcurriu polas inmedicacion do rio e os atletas  tiveron que cubrir unha distancia de 6620 metros

Tras máis de 22 minutos de percorrido polas rúas da localidade, chegaría a meta como gañador da proba, Nicolás Domínguez,. En mulleres, victoria clara para Teresa Castro, del Atletismo Noia con 27.30 . Os pitufos foron os encargados de poñer punto e final a esta primera carreira pedestre popular nun ambiente festivo.