venres, 20 de abril de 2018

Á CARREIRA POLAS RÚAS DE SANTIAGO CON FINS SOLIDARIOS (Fonte: www.elcorreogallego.es)

A IV Carreira Universitaria Solidaria reuniu no día de onte ao redor de 380 atletas polas rúas de Santiago, nunha cita de marcado carácter social, organizada por Campus  na Nube, concesionaria do servizo de  reprografía, edición e impresión dixital da  Universidade de Santiago de Compostela, e  Run-4 Med, asociación integrada por alumnos do sexto curso de Medicina.

A cita partiu desde o Paseo dos Leóns, no Campus Vida, para transcorrer pola Alameda compostelá para finalizar no estadio de atletismo da  Universidade de Santiago de Compostela.

Os participantes afrontaron un traxecto de 5,7 quilómetros, que non presentaban unha dureza significativa, o que provocou que puidesen participar deportistas de todos os grupos de idade, gozando dunha carreira marcada polos seus fins solidarios.
 
Tanto é así, que toda a recadación será destinada á Asociación Sentinelas, colectivo que presta apoio a mulleres e familias que se atopan en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social.

Nas tres edicións anteriores, esta iniciativa recadou un total de 8.046. Durante eses tres primeiros anos congregáronse 1.500 corredores, que sumados aos case 400 de hoxe, achéganse a un total de 2.000, todos eles correndo por unha boa causa.