domingo, 28 de xuño de 2015

Á CARREIRA POLO PASEO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O circuíto atlético Correndo por Ourense alcanzou a súa terceira edición na proba da zona Centro, a carreira de Corpus, que coincidiu coas festas e a pesar da calor volveu reunir aos asiduos da programación que segue percorrendo os barrios da cidade coas súas convatorias populares.

Unha vez máis se repetiron os nomes na cabeceira do pelotón absoluto, pero esta vez o atleta de Leiro, Luis Iglesias , foi capaz de imporse a Javier Paredes, o competidor que defende o dorsal número 1 do circuíto. Así o atleta do Arenteiro carballiñés toma vantaxe na xeral do certame, mentres que o seu compañeiro de club, José Manuel Corral , tamén logrou pisar o podio do Paseo coa terceira praza.

En categoría feminina, Iria Fernández non deu opción ás súas perseguidoras, superando en liña de meta a Sonia Teijeiro e Ana María Ocampo.