Falta só un día para que finalice o prazo de inscrición para a Carreira Popular Feira do Viño do Ribeiro - Ribadavia 2015, anímate e anima aos teús amigos a participar nesta fermosa carreira que transcorre entre viñedos e as zonas máis emblemáticas da capital do Ribeiro.
Establécese unha nova categoría, recibirán premio os tres primeiros clasificados, homes e mulleres, que estén censados no concello de Ribadavia, acreditarase co DNI ou certificado de empadroamento.
Os tres primeiros clasificados de cada categoría na carreira absoluta recibirán viño do Ribeiro, cortesía do Consello Regulador da DO Ribeiro, e un vale dunha sesión spa para dúas persoas, cortesía de Termas Prexigueiro.
Ademáis haberá unha sorpresa para os gañadores e gañadoras absolutos...
Os deportistas poderán recoller o seu dorsal o sábado, 2 de maio, en horario de 19:00 a 21:00 na Feira do Viño do Ribeiro (Alameda de Ribadavia, stand da organización), ou o propio día da carreira na Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior, 1) a partir das 10:00 h.