venres, 6 de febreiro de 2015

CARREIRA POR PARELLAS "OBARCONAMORA", 0 22 DE FEBREIRO (Fonte: www.osil.info)

O Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADASProinor organiza a IVª carreira popular por parellas “O barconamora”, prevista par o vindeiro 22 de febreiro.

O circuíto urbano constará dunha volta de 5.000 metros aproximadamente, con saída e meta situada na praza José Otero do Barco.
As inscricións realizaranse a través dun formulario de inscrición na páxina web, no teléfono 988 32 11 50 ou nas oficinas do Centro Comercial Aberto (praza de España, O Barco).

Haberá trofeos ás tres primeiras parellas da categoría e medalla para todos os nenos que rematen a proba, así como sorteos entre os participantes.

Na carreira absoluta, que será por parellas, establécense tres categorías: mixta (home+muller), masculina (home+home), e feminina (muller+muller). Tamén haberá carreiras para prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.