xoves, 27 de abril de 2017

CARREIRAS PEDESTRES E CICLISTAS DAN AÍNDA MÁIS ALENTO AO DEPORTE CARBALLÉS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ademais da amplísima programación deportiva regular de Carballo, con numerosas competicións en diversas disciplinas e categorías, coa chegada da primavera tamén se organizan acontecementos de periodicidade anual que dan aínda máis vida, si cabe, a toda esa actividade. Dous das próximas citas foron presentadas xustamente esta semana, o martes e onte. As dúas con carreiras, unha pedestre, e outra ciclista, e ambas comparten orixe e destino: a rúa Gran Vía.
A primeira en darse a coñece, pero non en inmediatez, é De Dous en Dous, terceira edición dunha carreira nocturna solidaria que se celebrará o 13 de maio, a partir das 19.45 horas. Os participantes correrán a beneficio da Cruz Vermella e Cáritas.

Está organizada polo Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello e con Carballo Deportes. As anotacións (www.carreirasgalegas.com, ata o día 9) serán gratuítas, coa opción «non obrigatoria e solidaria» de entregar, cando se recolla o dorsal, un litro ou un quilo de comida non perecedoira, ou produtos de hixiene infantil.
Desde a Gran Vía, xunto a Álvarez de Sotomayor, os corredores terán un circuíto de mil metros no centro, con distancias en función da categorías. Como noutras ocasións, está aberta a persoas con diversidade funcional. A categoría basee de parellas será, por primeira vez, a infantil. Nas inferiores poderase participar de xeito individual, con premios en todas. Asunción Vázquez, presidenta do club de atletismo, presentou a competición, xunto ao alcalde, Evencio Ferrero, e o edil Marcos Trigo.

Doutra banda, onte presentouse o Trofeo Concello de Carballo de ciclismo, que será este sábado, día 29. É unha competición xa tradicional, con máis de 20 edicións. Como sempre, un sábado pola tarde. A primeira saída será a partir das 15.00 horas, cos rapaces das Escolas: alevín, infantil e principiante. A partir da 16.30 horas será a quenda dos cadetes e as mulleres. E ás 18.00 horas, os júnior (17-18 anos). En total, uns 15 equipos, a maior parte de Galicia, pero tamén a arte en Tránsfer de León, nada menos que con 24 participantes.
O circuíto curto será ata Coristanco, Rus, Avenida Milagrosa (será o lugar para velos correr no centro urbano) e Gran Vía, principio e final. Os júnior engaden Cereo e Agualada, 74 quilómetros en total. Os máis pequenos correrán por un circuíto urbano. Está organizado polo Club Ciclista Carballo, e competirán uns 200 deportistas. A presidenta da entidade, Vanesa Loureiro, estivo onte na presentación, xunto ao alcalde, o edil Marcos Trigo e membros do club.