xoves, 26 de outubro de 2017

CASE CINCO MIL ATLETAS NA 40.ª CARREIRA (Fonte: www.elcorreogallego.es)

Con toda a dor do corazón, a organización da 40.ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, que organiza o Grupo Correo Galego, tivo que rexeitar onte o intento de inscribirse que realizaron numerosas persoas: como se anunciou repetidamente, o prazo para apuntarse na proba finalizaba de forma absoluta, cos dous días extra concedidos, o día 24 ás dez da noite, para quen quixese inscribirse de forma presencial no Corte Inglés, ou ás doce da noite, no caso de facerse online. 

Repetiuse tamén que fóra deses prazos non se aceptarían inscricións. A negativa non é un capricho da organización, que por contra alégrase e felicítase con cada atleta inscrito... que correrá debidamente asegurado, con dorsal, con chip... e todo iso esixe que o prazo deba pecharse uns días antes.
Deste xeito, os participantes que tomarán oficialmente este domingo (10.000 horas, Carreira dos adultos; 11.30, a da dos escolares) as rúas máis emblemáticas de Compostela, os que pelexarán polo gran premio que supón entrar na Praza do Obradoiro, os que terán dereito a todas as axudas, os agasallos e os premios que concede a Carreira, serán preto de cinco mil.

A cifra oficial: 3.366 participantes na proba para adultos (nacidos o ano 1999 ou antes), e 1.414 na proba escolar (entre o 2000 e o 2007). Todos eles están citados, como cada ano o último domingo de outubro, na Avenida Xoán XXII. Eles serán a marea atlética na 40.ª Carreira de Santiago que alagará as rúas de Compostela.