Esta mañá tivo lugar no Centro Hipercor de Santiago de Compostela a presentación do Circuito de Carreiras Populares Corresan, promovido polo Concello de Santiago de Compostela.
O evento contará con numerosas probas que se disputarán nos vindeiros meses. O Concelleiro de deportes D. Adrián Varela sinalou a gran importancia deste circuito para a promoción de hábitos saudables entre a pobación. O pasado ano centos de atletas participaron nesta importante competición, que coquetea ca fermosura da cidade compostelá e o deporte. Ao acto asistiron tamén o atleta internacional Pedro Nimo, o delegado de Santiago Íván Sanmartín e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos.
O circuito estará controlado polo Comité Galego de Xuíces e levará o sistema de chips da FGA. As inscricións xa poden realizarse na presente web www.carreirasgalegas.com