mércores, 4 de outubro de 2017

CELEBRASE A XXXV CARREIRA PEDESTRE DA AMAÍA

Vaise celebrar unha nova edición da Carreira Pedestre da Amaia, e xa van 35, disputarase este sábado día 7 de Outubro e a saida esta prevista para as 17h. carreiras dos nenos/as e 18h. para a carreira dos adultos. 

As inscricións dos adultos teñen un prezo de cinco euros, mentres que os menores de 12 anos poderán anotarse totalmente gratis. Poderán participar tanto atletas federados como non federados, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 
A carreira, que volve formar parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, repartirá máis de 1.000 euros en premios. Co prezo da inscrición todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, terán servizo de gardarroupas e avituallamento líquido na liña de meta para todolos participantes e pra os da carreira absoluta haberá outro avituallamento líquido aproximadamente no quilómetro 4,5. 

Recibirán TROFEO E PREMIO EN METÁLICO os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta, tamén se outorgarán trofeos aos tres primeiros e tres primeiras de cada categoría, agás nos PITUFOS e PREBENSAMINS xa que ao non seren categorías competitivas agasallaránselle medallas conmemorativas a todolos participantes. Ademais contaremos con trofeos especiais para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta empadroados no Concello de Brión. 

Cabe destacar que todos os trofeos que se entregarán na Carreira Pedestre da Amaía son pequenas obras de arte únicas feitas polo artista ceamista local "Nano Unzueta" 
 
PATROCINADOR OFICIAL 
A compañia aseguradora Nationale-Nederlanden será por primeira vez o patrocinador oficial da XXXV Carreira Pedestre da Amaía - Brión 2017 
National-Nederlanden e o Concello de Brión chegaron a un acordo de patrocinio para a edición de 2017 da carreira Pedestre da Amaía, unha das carreiras mais senlleiras da comarca de Santiago. A aseguradora, que tamén patrocina carreiras tan emblemáticas como a San Silvestre Vallecana, reafirma así a sua aposta polo running, un deporte para tódolos públicos, capaz de unir diferentes xeracións e que conecta a perfeción co enfoque cara as persoas reais da compañía.