sábado, 9 de abril de 2016

CENTENARIO DO PRIMEIRO CAMPIONATO DE GALICIA DE CROSS

O 9 de abril de 1916 celebrouse en Vigo o primeiro Campionato de Galicia de cross. Estamos, polo tanto, no centenario do atletismo galego. O noso deporte chegou a nós, inicialmente, polos esforzos dos ingleses e alemáns e chegaron a Vigo a traballar para o Cable Inglés e Cable Alemán. Eran compañías de telégrafos que, ademáis de traballo, trouxeron actividades deportivas na que o atletismo xogou un papel fundamental. No 1913 celebrouse o primeiro gran mitin de atletismo tamén en Vigo e onde eles tiveron un papel preponderante na organización. Esta colaboración rematou co inicio da Iª Guerra Mundial no 1914 pero a semente estaba plantada. 

Despois de cada Xogos Olímpicos, de principios do século pasado, produciase un efecto propagandístico por todo o mundo. Estamos nunha sociedade onde obviamente non había a “mass media” que temos agora pero a prensa escrita tiña un papel fundamental e despois dos Xogos de Londres 1908 e Estocolmo 1912 produciuse unha expansión do atletismo a nivel mundial que chegou a Galicia gracias a eses inmigrantes alemáns e ingleses. 

No 1916 celebrouse o primeiro Campionato de España de cross e un par de meses xa estaba disputándose o primeiro Campionato de Galicia da historia. Os organizador foi o club Real Vigo Sporting Club. A ese esforzo, incial, sumouse “Handicap” (Manuel de Castro), que foi un defensor a ultranza do atletismo a pesar de que el era un home de fútbol pero de gran peso xa que escribía, adestraba e estaba moi en contacto coas forzas vivas da época. Handicap foi o precursor do que sería a primeira selección galega de cross que acudiría a un Campionato de España y tamén foi un dos que loitou porque tiveremos en Galicia un Campionato de España de pista. 
Os seus esforzos víronse recompensados no 1921 cando tivemos a edición do quinto Campionato de España de pista no Campo de Coia en Vigo