O vindeiro domingo día 12, nas leiras privadas de Verdella, disputarase o XL Trofeo de Campo a través San Miguel de Oia e conxuntamente, en colaboración co programa Xogade da Xunta de Galicia, celebrarase tamén o Campionato Provincial Escolar de Campo a través.
Estímase unha participación de 1800 atletas na súa totalidade. As probas comezan ás 10 da mañá coas categorías de Cadetes e finaliza ás 13:20h. cos máis pequenos (Olímpicos) e a entrega de premios.
Contamos coa presenza de destacados atletas tales como; Furacán Furtado, Lolo Penas, Nuno Costa, Leticia Fernández Barbosa, Sandra Mosquera, Adrián Lago, Manuel Martínez Ageitos, etc? O mejorcito do Campo a través en Galicia que formou o pódium do último Galego de Cros, Longo e Curto celebrados en Ribadavia e a Baña respectivamente.
Nas carreiras escolares, excedemos o milleiro de atletas de ambos os sexos.
O circuíto é totalmente chairo, herba 100% e espérase unha afluencia de público dun 4000 afeccionado ao deporte rei. Contamos con repartir máis de 200 trofeos entre todas as categorías e 400 medallas para os pequenos atletas.
A Organización conta co patrocinio do Concello de Vigo, Secretaria Xeral para ou Deporte, Deputación Provincia e coa colaboración de Larsa, Coca-Cola, Gadis, Aguasana, Cruz Vermella, Viveiros de Vigo, Colexio Ría de Vigo, Autoescola Faro, Sondaxes Nigrán, Promocións Manuel Vazquez, Enemotos ? Fonda e Vicente Valverde Misa.
Esperamos que sexa un espectáculo atlético marabilloso e contamos coa vosa participación para que así sexa.
Esperámosvos.
Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia.