sábado, 28 de outubro de 2017

CITAS ATLÉTICAS PRÓXIMAS NO BARCO E MONTERREI (Fonte: www.farodevigo.es)

O Clube Adas Proionor organiza a décima carreira popular dúas Santiños, coa colaboración do Concello do Barco e a delegación valdeorresa da FGA, que se celebrará o día 5 de novembro. As inscricións da proba absoluta deben realizarse a través da web de Carreiras Galegas antes das 23.00 horas do 2 de novembro (terán un prezo de 8 euros). Tamén poderán inscribirse o mesmo día ata unha hora antes da proba a 5 euros, aínda que sen bolsa do corredor. Os pequenos poderán anotarse ata 30 minutos antes do inicio das probas, no estadio de Calabagueiros.

Tamén o día 5 disputarase a cuarta edición da carreira popular de Monterrei. A saída e meta estará situada na rúa Progreso, en Albarellos, á beira da Casa de Cultura do Concello de Monterrei, onde se entregarán os dorsais. A distancia para percorrer será de 10 quilómetros. As inscricións poden facerse na súa web