sábado, 9 de setembro de 2017

COMPOSTELA PREPÁRASE PARA A SÚA CORRESAN

O día 16 de setembro a Cidade Vella será esciario dunha das probas máis fermosas das que se compón o Circuito de Carreiras Saudables CorreSan 2017 que o Concello de Santiago patrocina dende fai xa seis edicións. Esta proba será a primeira dun total  de catro carreiras que dende setembro ata decembro disputaránse por varios puntos da capital galega.

Segundo a Concelleira de Deportes Noa Morales "O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo". De igual modo Iván Sanmartín delegado da FGA en Santiago amosaba a súa satisfacción "...xa que fumos quen entre todos de crear, manter, consolidar e millorar un circuito capaz de ofertar unha ampla gama de probas pedestres en Santiago que gozan de moi boa aceptación"

No CorreSan poderán tomar parte atletas dende as categorías de benxamín ata veterano existindo premios e clasificacións tanto individuáis coma por equipos.