domingo, 2 de abril de 2017

CON NOCTURNIDADE E ALEGRÍA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A carreira máis popular das que corren os coruñeses bica os pés do símbolo da cidade buscando unha luz que lle guíe entre tanta nocturnidade e alegría.
Atopárona antes que ninguén Nico Arroxo e Inés Papín, vencedores da pedestre Torre de Hércules, que ademais é o Trofeo José Antonio Valera Calviño e reuniu a 2.500 participantes.
A cuarta entrega do circuíto coruñés, organizada polo club Coruña Comarca, brillou grazas ao ritmo imposto polos cabezas de cartel desde o primeiro dos 6.675 metros que incluíron un demoledor tramo final coa costa que fai da tixola da torre un bendito suplicio para os amantes deste deporte.

Asinou Nico Arroxo (Lucus) un tempo de 22.11 tras unha progresión sostida que descolgou aos seus compañeiros de fatiga, Juan José García e Aziz Fatihi. O especialista nos 3.000 obstáculos impuxo a súa lei iluminado polo faro romano.

En mulleres, Inés Papín soubo sufrir o necesario para remontar posicións no quinteto no que ao final resistiron na loita Silvia García e Andrea Menéndez. Ao final, a do Club Atletismo Sada detivo o cronómetro en 28:03