luns, 22 de xuño de 2015

CONSTITUISE A CONFEDERACIÓN DE UNIÓNS DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS ESPAÑOLAS

Hoxe, 22 de xuño de 2015, tivo lugar a constitución da CUFADE, Confederación de Unións de Federacións Autonómicas Españolas. 

As Unións de Federacións Deportivas de seis Comunidades Autónomas, reuníronse en Madrid, co obxecto de constituír de forma fidedigna a CONFEDERACIÓN DE UNIÓNS DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS ESPAÑOLAS, a CUFADE. 
Constituíuse ante Notario nas instalacións do Club de Golf El Olivar de la Hinojosa, e ante a Xunta Directiva de UFEDEMA, a Unión de Federacións Deportivas Madrileñas, que exerceron de anfitrión na firma. Estiveron presentes Galicia, País Vasco, Madrid, Murcia, Castela e León e Andalucía. En última instancia non puido comparecer Aragón, se ben, xunto a Valencia, formalizarán a súa integración á maior brevidade posible.