xoves, 16 de novembro de 2017

CONTA ATRÁS PARA A DÉCIMO TERCEIRA EDICIÓN DA CARREIRA MAR DE BOIRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Xa está todo listo para a décimo terceira edición da Carreira Popular Mar de Boiro, que tamén constitúe o undécimo memorial Pepe Buceta. A proba boirense por excelencia regresará o vindeiro domingo 3 e, ademais, será puntuable para o circuíto da Mancomunidade Arousa Norte Catro carreiras e unha meta. «Esta será a última parada en Barbanza, o que constitúe un alicerce para os corredores locais», expresou o concelleiro de Deportes boirense, Nolo Romero .Xunto ao edil, tamén se encargaron de presentar esta nova edición o técnico deportivo Manuel González, o presidente da asociación Barbantia Roda, Manolo Gómez, así como o corredor e responsable das escolas municipais de atletismo José Navarro. Todos destacaron a evolución dunha cita que se marcou como meta chegar aos 800 participantes.

Tres trazadosO Mar de Boiro contará con tres circuítos: un longo de dez quilómetros que chegará ata Abanqueiro e que sairá ás 10.40 horas, un segundo de dous quilómetros e medio para as categorías xuvenís e inferiores con saída ás 11.00 horas polo centro da localidade, así como un terceiro trazado de douscentos metros na rúa peonil para as categorías mini e premini.

Establecéronse trofeos para os gañadores absolutos e locais, tamén haberá medallas para todos os pequenos que interveñan. A carreira contará con diversos servizos, como seguro, dispositivos de control, seguimento electrónico, obsequios, como unha camiseta conmemorativa, e avituallamiento. As inscricións, que xa superaron os 80 participantes, estarán abertas na web ata o xoves 30 deste mes.