O barrio do Couto acolle o sábado 27 de maio a segunda proba de Correndo por Ourense, dentro do circuíto de carreiras populares organizado polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co colexio Divino Mestre, club Esprintes Ourense, a Delegación de Ourense de Atletismo, os clubs Ourense Atletismo, o Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.
A carreira do Couto será unha proba nocturna e, como tal, dará comezo a partir das 22.00 horas co seguinte percorrido: rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, rotonda cara a Antonio Puga, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e rúa Dalí.
As inscricións e o dorsal serán únicos para todo o circuíto, así como un chip que deberán ter en propiedade os atletas das categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos, podendo utilizalo prestado pola organización. Os participantes de benjamín, alevín, infantil e cadete corren sen chip.
Espérase a presenza de medio milleiro de atletas nun circuíto moi esixente para todos os deportistas que queren facerse co triunfo na segunda proba do presente curso.
Tras esta cita quedarán catro carreiras máis: a do centro (25 de xullo); Universidade (3 de setembro); A Ponche (24 de setembro) e A Carballeira (22 de outubro).
Todos os atletas que estean clasificados nas cinco carreiras recibirán un trofeo e os máis pequenos medallas.
Fonte: www.farodevigo.es