venres, 13 de outubro de 2017

CORRESAN RUTA DA PRATA - ANGROIS. RESUMO DE SERVIZOS (Fonte: www.corresan.com)

Xa está todo preparado para a CorreSan Ruta da Prata – Angrois do vindeiro sábado 14 de outubro. Resumimos neste post a información da proba máis relevante.

HORARIOS DAS PROBAS E DISTANCIAS
  • 18:00 horas:   Carreira benxamín-alevín: Distancia: 1,2 km aprox. Circuito: Cola de Saída + 1 volta pequena + Cola de Meta;
  • 18:15 horas:   Carreira infantil – cadete: Distancia: 2,4 km aprox. Circuito: Cola de Saída + 2 voltas pequenas + Cola de Meta;
  • 18:45 horas: Carreira Xuvenil e superiores: Distancia: 5,2 km aprox. Circuito: Cola de Saída + 2 Voltas grandes + Cola de Meta;

ENTREGA DE DORSAIS
A entrega de dorsais realizarase de 11 a 16 horas na planta de Deportes de El Corte Inglés Santiago, un dos patrocinadores principais do Circuito CorreSan.

Poderedes recoller o dorsal os novos inscritos ao circuito e os apuntados na anterior proba que non o recolléchedes e tamén os que vos apuntaste só a esta proba. Aproveitade para non gardar colas, porque a partir das 16:45 h Farase en Angrois.

SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas no polideportivo de Lamas de Abade en horario de 17:15 a 20:15 horas.

Que todo saia ben, e lembrade, #NONETOLEMIAEPAIXON